O Plan Único terá unha dotación de cinco millóns para os municipios da Mariña

O investimento total do programa de cooperación cos concellos alcanzará os 21,5 millóns

A vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Maite Ferreiro (esquerda), e o presidente e a deputada socialistas, José Tomé e Pilar García Porto. AXM

Deputación de Lugo investirá, co Plan Único 2021, algo máis de 5 millóns de euros en máis dunha ducia de municipios da comarca da Mariña, destinados a manter e mellorar servizos, infraestruturas, ao fomento do emprego e ao impulso do tecido produtivo e asociativo.

Segundo informou a institución provincial os municipios que percibirán estes recursos son Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

As bases deste programa de cooperación cos concellos xa foron aprobadas no pleno de decembro e, neste mes de xaneiro, abrirase o prazo para que cada entidad local poida solicitar os investimentos e accións a financiar con cargo a estes fondos provinciais.

Entre as principais novidades deste Plan, ademais do aumento da dotación económica ata os 21,5 millóns de euros e da aprobación anticipada do programa (o ano anterior ao seu período de vixencia), está a posibilidade que terán as entidades locais de imputar xa desde principios de ano gastos de contratación.

Así mesmo, ábrese unha nova vía, dentro da liña Covid, para apoiar ao sector servizos, tanto á hostalaría como ao comercio e ao turismo. A distribución dos fondos faise en función de criterios como a poboación, a superficie do municipio, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Como en anos anteriores, fíxase un máximo de 500.000 euros para os concellos de máis habitantes, e de 200.000 euros para os de menos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here